Maceiras, Xabier e Patricio, Fernando

Maceiras, Xabier e Patricio, Fernando

Xabier Maceiras Rodríguez. Arteixo, 1970, leva desde os anos oitenta traballando a prol da recuperación histórica do seu Arteixo natal. Fundador e membro activo de varias asociacións culturais, colabora habitualmente cos xornais El Ideal Gallego e La Opinión de A Coruña. Tamén forma parte do colectivo In Nave Civitas que comanda o polifacético Xurxo Souto.

A súa vida, intimamente vencellada ao mar desde o lugar de O Rañal e as vilas de Caión e Camelle, transcorre escoitando centos de historias mariñas que o levaron a publicar en 2013 O mar de Arteixo e os seus naufraxios.

Fernando Patricio Cortizo. A Coruña 1972. Medra no barrio de Monte Alto, vencellado desde moi novo á sección de pesca submarina do Club do Mar de San Amaro, o que será a cerna da súa paixón polo mar e polas historias vencelladas ao mesmo. é autor de Historia da costa galega e dos seus naufraxios S.I-S. XIX e Historia da costa galega e dos seus naufraxios S. XX (dúas obras sobre as traxedias marítimas e a crónica naval do noso país), Manual do alumno de mergullo con tubo, Escarnio: la tragedia gallega del Prestige e diversas entradas na Gran Enciclopedia Galega.

Skip to content