González Reyes, Xosé

González Reyes, Xosé

Pontedeume, 1922 – Ribadavia, 2013. Desenvolveu a súa carreira profesional como funcionario de Correos en Ferrol, Mondariz e Ribadavia. Perito mercantil e profesor, alternou o traballo postal coa docencia de Contabilidade, Matemáticas, Lingua Española e Francesa, tanto na casa coma en colexios de Ribadavia. Tras xubilarse en 1987, decidiu rememorar a súa estadía en Malpica de Bergantiños coa publicación dunhas crónicas coas que inauguraba a sección «Terra e Xente» da edición de Carballo do xornal La Voz de Galicia. O rescate destas lembranzas da Malpica dos anos 20 débese á man de Adrián Abella Chouciño, Xurxo Alfeirán Chouciño, Xoán González Otero e Xosé Manuel Varela Varela.

Skip to content