Domínguez Rial, Evaristo

Domínguez Rial, Evaristo

Gándara, Zas, 1956. Diplomado en Maxisterio e licenciado en Xeografía e Historia, é profesor no CEIP de Bormoio-Agualada. Publicou artigos na Gran Enciclopedia Gallega ou en La Voz de Galicia e Diario de Bergantiños. Corredactor dos programas renovados para o Ciclo Medio da EXB para Sociais (1985). Ten publicada unha compilación dunhas 3.000 frases feitas e refráns recollidos en Coristanco e Carballo (2011). Colaborou no proxecto Conservación e revalorización sociocultural do Patrimonio Megalítico da Costa da Morte. é coautor da guía A terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (2010) ademais de secretario do Instituto de Estudos Bergantiñáns e membro de Senda Nova.

Skip to content