Álvarez “Koki”, Francisco

Álvarez “Koki”, Francisco

Francisco Álvarez “Koki” (A Guarda, 1957) escritor e animador cultural, reside en Nova York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega.

En lingua galega ten publicado, entre outros, o poemario A memoria das palabras, a novela Ratas en Manhattan e os libros infantís Un neno na emigración e Vasoiras Barreiro.

Ten tamén obra publicada en lingua castelá e participa habitualmente en libros colectivos sobre a relación dos autores españois cos Estados Unidos.

Skip to content