López Rodríguez, Manuel

López Rodríguez, Manuel

Manuel López Rodríguez (Noia, 1978) é poeta, artista e editor galego. En 1996 e 1997 fundou o Grupo Literaio-artisto Avilés e cofundou a Tertulia Literaria Adamajuana. No 1998 botou a andar, con outros creadores, o Colectivo Literario Sacou, grupo que o levou a recitar por toda Galicia. No 2000 foi parte do xurado do Certame de Poesía Francisco Añón. En 2008 publicou o seu primeiro libro “Antítese nativa”, gañador do XIV Premio de Poesía Suso Vaamondo. Entre as súas publicacións recentes destacan “Rompe”, “Desde onde non nace”, “Vangarda ule” (todos no 2020). “Nas pulsacións” e “Para que non me esqueza” (2021). No 2022 gañou os premios Lueiro Rey de Poesía, Francisco Añón, Rosalía de Castro e Díaz Castro.

Skip to content