Guillén, Fusa

Guillén, Fusa

Mestra, actriz e directora teatral, comezou cedo a escribir contos e poesía. Cando chega a Cedeira forma parte da Asociación Cultural Garola, e cos socios crea un equipo de persoas que escriben teatro conxuntamente. O primeiro texto infantil que sae desa xuntanza é O segredo de Daniel, que resulta premiado na Mostra Xeración Nós da Mancomunidade de Municipios de Ferrol. Este premio dá un forte impulso ao equipo de dramaturgos que continúan escribindo xuntos durante unha década, ata que cada un deles vai decantando o seu propio estilo e a súa liña como escritor. Na actualidade ten sete pezas teatrais escritas en colectivo e dezanove en solitario.

Libros escritos por Guillén, Fusa

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content