Autor: Bello Platas, Ana Isabel
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2006
Idioma: galego
Páxinas: 144
Encuadernación: rústica
ISBN: 84-95460-55-6

Os Reais Establecementos de Xuvia foron un dos proxectos industriais máis importantes do século XVIII non só para Galicia, senón tamén para España. En 1811, as Cortes de Cádiz decidiron aproveitar as instalacións fabrís do fondo da ría de Ferrol para producir moeda miúda de cobre, unha actividade que se mantivo, con algunha suspensión temporal, ata 1868. Esta obra supón un novo enfoque nos estudos numismáticos sobre a ceca de Xuvia. Neste libro abórdase por vez primeira o estudo das fontes documentais que existen en diversos arquivos: a través desas fontes podemos facer unha reconstrución detallada non só da fábrica, senón tamén da maquinaria, a materia prima, o numerario a producir e o persoal que foi necesario para levar a cabo o proxecto. Nas páxinas de A ceca de Xuvia. A derradeira fábrica de moeda de Galicia internámonos nos avatares dun proxecto que, finalmente, resultou inviable.

P.V.P.
15.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +